Convocatoria

Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co medio, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o IV Congreso CLMNTK e os Premios Climántica para estudantes de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade, que lle dan continuidade ao III Congreso CLMNTK que se celebrou en Pontevedra o 19 de xuño de 2010 e aos seus premios.

Poderán participar todos os estudantes matriculados nun centro educativo no curso 2010-2011 e o prazo de presentación de traballos queda aberto dende a data de comunicación na web de Climántica ata o 31 de maio do 2011. Esta cuarta edición vaise a desenvolver de xeito virtual e por tanto os traballos terán que ser inseridos na páxina web do congreso antes das 24 horas do último día de maio.  Dentro do apartado Como participar? atópanse titoriais con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma.

Todos os traballos publicaranse no nº 4 da revista CLMNTK e os da categoría multimedia, ademais de quedar presentados na revista, poderán visualizarse na sección Alumnos de climantica.org.

Os traballos que se envíen coa intención de que se teñan en conta para participar nos premios xerais consistentes en campamentos ambientais de verán para Primaria, ESO, Bacharelatos, Ciclos formativos e Universidade deberán ser individuais ou en parellas. Os que superen o número de dous (2), incluiranse no concurso para os premios especiais a grupos grandes: teatro, dramatizacións, coros, etc.

Os traballos terán que ver coas temáticas do proxecto e tomarán como referencia as seguintes categorías:

  1. Relatos
  2. Poesía
  3. Curtos cun guión ambiental
  4. Vídeos musicais
  5. Vídeos de obras de teatro
  6. Fotografía comentada
  7. Banda deseñada
  8. Presentacións
  9. Póster
  10. Debuxos
  11. Reportaxes multimedia
  12. Xogos e pasatempos

Folleto coa convocatoria