Logo Congreso

Centoloman. A película

Valoración: 380 + Facebook: 10 = Puntuación: 390

Centoloman. A película, é unha largometraxe que narra a vida de Xan, un adolescente orfo que terá que sobrevivir nun clima duro. Para máis inri, adquirirá superpoderes e terá que loitar contra o doutor Climaticús, que tratará de impoñer un novo cambio climático devastador.

IES de Arzúa (Arzúa, A Coruña)
4º ESO
Carlos Ramos Fuentes

CENTOLOMAN. A PELÍCULA

Reparto de actores:

Nai de Centoloman: ______________________________

Dr. Climaticús: _________________________

Voz en off: ______________________

Doutor 1: ___________________________

Doutor 2: ____________________________

Señora: __________________________

Director/a do orfanato: __________________________

Xan (meniño):_____________________________

Xan (neno):___________________________

Xan (adolescente):

Centoloman:

Meniño/a: __________________________

Neno/a:______________________________

Adolescentes: _____________________________________________

Mozo 1: __________________________

Mozo 2: ______________________________

Mozo 3: __________________________________

Actos Actores Vestiario Escenario Obxectos Efectos sonoros Efectos visuais
1 Ø Ø Ø Ø Música clásica tranquila Imaxes PC
1 bis Todos Roupa cotiá Calquera Ø Música rock/pop con marcha Flash de cámara, nomes actores
2 Nai de C. Roupa cotiá Coche Boneco plástico, cadeira de coche Estrondo de caída dun coche, música ambiental Caída dun coche
3 Doutor 1, Doutor 2, Nai de C. Doutores: bata,Nai de C.: = Acto 2 Hospital Endoscopio, cama cutre con sabas brancas, xiringa, (gafas) Música ambiental, distorsión desta música ao final Ø
4 Señora Roupa cotiá Camiño no bosque Boneco plástico Música ambiental Ø
5 Señora, Director/a do orfanato Señora: roupa cotiá (≠ acto 4); D. do O.: roupa formal Diante do orfanato Boneco plástico Música clásica triste Bágoa Señora
6 Xan (meniño), Meniño/a Roupa cotiá (bata de preescolar?) Patio orfanato (zona area) Lixo variado Música ambiental que torna a triste Ø
7 Xan (neno), Neno/a Roupa cotiá (uniforme?) Patio orfanato Lixo variado (menos ca no acto 6) Música ambiental que torna a triste Ø
8 Xan (adolescente, definitivo), Adolescente(s) Roupa cotiá (uniforme?) Patio orfanato Lata esmagada de refresco Música ambiental que torna a triste)
9 Xan Roupa cotiá (uniforme?) Valado do orfanato Ø Música clásica triste Ferida Xan
10 Xan Roupa cotiá 1º Rúa;2º Diante do lab./f. Folla xornal, bolsa pan, centolo mutante Música estraña; clásica, folk, rock A luz vaise e volve, convulsións e berros Xan, centolo MUTANTE, ollos vidrosos Xan
11 Xan/Centoloman, Mozo 1, Mozo 2, Mozo 3 Xan: roupa cotiá; Centoloman: roupa superheroe; Mozos 1 e 2: r. delinc.  Mozo 3: r. “chapón” 1º Diante do lab./f.;2º Rúa Contedores (verde e amarelo) Música chula (transf.);música ambiental (resto); son galo Foco e fume para a transf. en Centoloman
12 Xan, Doutor Climaticús pola TV Xan: roupa cotiá; Doutor Climaticús: bata branca con capucha 1º Rúa;2º Diante dunha tenda de televisores Televisor coa gravación do Dr. Climaticús Música ambiental, cando fala o Dr. Climaticús música estraña, clásica A televisión está funcionando ben, despois o sinal vaise e logo fala o Dr. Climaticús
13 Xan/Centoloman, Doutor Climaticús Xan: roupa cotiá; Centoloman: roupa superheroe, Dr. Climaticús: bata branca con capucha 1º Diante do lab./f.;2º Despacho Obxectos típicos de despacho Música chula para a transf. de C.; música estraña para o Dr. Cl. Fume/foco para a transf. en Centoloman, o despacho do Dr. Cl. debe ser sombrío, cambio rapidísimo de escenario
14 Centoloman, Dr. Climaticús = Acto 13 Plataforma xeada Bufanda, máquina cambiaclimas Música clásica “de risco”, son da máquina cc. Cae neve, chispas da máquina, etc.
15 Centoloman, Dr. Climaticús = Acto 13/14 Bosque da zona temperada Máquina cambiaclimas = Acto 14 (música con máis “risco” Chispas da máquina, etc.
16 Xan/Centoloman, Nai de C./Dr. Climaticús =Acto 13 Sabana Máquina cambiaclimas = 15 (+ risco), mús. estr. e logo alegre Feridas Centoloman, bágoas Dr. Cl., destransfs.

 

Centoloman. A película

1º Acto

(Proxectaranse unha serie de fotografías xa no ordenador. Como só vai falar a VOZ EN OFF, non é necesario gravar coa cámara nada, só gravaremos á VOZ EN OFF no ordenador)

VOZ EN OFF: (Ten que ser unha voz que se faga oír, solemne e prominente) Comecemos, pero se comezamos, comecemos polo comezo de todo. Antes de existires ningunha asociación dedicada ao coidado da natureza, o ser humano vivía en harmonía co medio que habitaba e co resto de seres vivos. Máis tarde, cando o ser humano rompeu a harmonía que o caracterizaba, foise aloxando da natureza, destruíndoa e sobreexplotándoa, e, por conseguinte, cambiando os climas de todo o mundo. Cando xa era tarde, demasiado quizais, o ser humano arrepentiuse do que fixera, e intentou protexer a natureza. Sería demasiado tarde para recuperar a harmonía? Non o era. Cara o ano 2020, a xente tomouse en serio o cambio dos climas e este quedou erradicado totalmente. Totalmente…? (A última palabra deberá ser lida lentamente, como se custase dicila, deixando aos espectadores en vilo)

2º Acto

(Nun coche, de perfil, está a NAI DE CENTOLOMÁN conducindo. Un boneco de plástico fará de CENTOLOMAN BEBÉ, e estará sentado no asento do copiloto nunha cadeira de bebés, destas para coche)

NAI DE CENTOLOMÁN: (Moi leda, falando agarimosamente, coma se o pequecho fose o único que tivera, a súa razón de vivir. Mira para o bebé de vez en cando) Ola, riquiño… Quen é o nené de mamá? Ti, si… (Póndose triste) Ai… Des que morreu teu pai só te teño a ti… (Póndose alegre de novo) Ti, siiii… Que bonitiño…. Ve-lo bosque… Que grandiño, va que si… (Un bache) Ai! Vas ben, cuquiño… Si, moi ben… (Outro bache) Ai! Quen faría estas estradas…? (Vaise poñendo dende “un pouco molesta” ata “moi asustada”. Outro bache, desta vez dos gordos) Ai!! Outro bache! Arre demo, que mal están estas estradas! Ai! Vou ter que frear… Como? Os freos non funcionan! (Pisando con enerxía o freo) Ai, Meu Deus, ai!!! (Caendo por un precipicio) AAAAAHHH!!!

(Óese un estrondo de cristais e substancias metálicas rotas)

3º Acto

(Só se ve negro. As luces vanse prendendo de pouco en pouco. Finalmente, vense dous DOUTORES de fronte a unha cama de hospital.)

NAI DE CENTOLOMAN: (Cando ela empeza a falar, a cámara ponse perpendicular á ela e aos DOUTORES. Lentamente, dende a cama) Ehm… Oonde estou…? Que fago aquí..? (Acordándose de súpeto de todo e pasando de estar deitada a estar sentada na cama. Atropélase coas palabras.) Xa’m’acordo! Estábamos n’coche pa’ir ó laboratorio onde traballo!! O’barranco! E despois, nada… E Xan? Ond’tá’Xan?

DOUTOR 1: (Serio. Fala solemnemente) Tranquilícese, señora. De quen está falando?

NAI DE CENTOLOMAN: (Atropelando coas palabras ao DOUTOR 1) Meu fillo! Xan! Ond’tá? Qu’foi’del? Díganmo!!

DOUTOR 2: (Máis comprensivo có DOUTOR 1. Fala máis agarimosamente. Incluso se pode sentar na cama) Señora, só estaba vostede no coche co que caeu polo barranco. Non había ninguén máis, segundo o informe que presentaron os da ambulancia.

NAI DE CENTOLOMAN: (Atropelando tamén ao DOUTOR 2) Non me poden estar contando a verdade! Díganme onde está! Díganmo! (A súa mirada vólvese esquizofrénica. Rise da mesma maneira) Ja, ja! Que broma! Onde está Xan! Xaaaan!!

(O DOUTOR 1 adminístralle (por medio dunha xiringa ou por pastillas) sedantes á NAI DE CENTOLOMAN)

NAI DE CENTOLOMAN: (Fai que ten nos brazos un bebé imaxinario. Mentres se vai calmando e durmindo,  as luces vanse apagando paulatinamente) Xannn…

4º Acto

SEÑORA: (Anda tranquilamente polas rochas ou por un camiño, pertiño do bosque. Asubía) ♫♪♫ (Moi sorprendida, ao ver a un bebé chorando) Alaaa…! (Di mentres o colle) Quen sería capaz de deixar este meniño aquí… Chsss… Non chores.. (O bebé deixa de chorar) Pero eu, precioso, non te podo coidar…

5º Acto

(En fronte dun edificio enorme e sombrío. A cámara proxéctao co contrapicado)

SE‍ÑORA: (Leva ao bebé en brazos, arroupado cunha tela dunha cor clara. Está tristeira, xa que lle collera cariño ao meniño. En fronte dela está o/a DIRECTOR/A DO ORFANATO, dándolle as costas  ao sobreentendido orfanato) Bos días… Hoxe era o día que lle tiña que dar o rapaciño.

DIRECTOR/A DO ORFANATO: (Serio e solemne, como se fose parente do DOUTOR 1) Témome que si. Dámo xa?

SEÑORA: (Entristécese algo máis e sorpréndese un pouco. Despois di:) Claro, claro. Tome. (Mentres llo dá cáeselle unha bágoa pola meixela. Primeirísimo primeiro plano.) Ben, adeus. (Dáse a volta)

DIRECTOR/A DO ORFANATO: (Impasible ante a bágoa da SEÑORA) Por certo, ten que escoller o nome do neno.

SEÑORA: (Dáse a volta) Claro, claro. Creo que ten cara… (Achégase ao meniño e despois recupera a posición inicial) … ten cara… de Xan. Si, creo que se vai chamar Xan.

DIRECTOR/A DO ORFANATO: (Impasible e, sobre todo, distante. Se lle dixera outro nome calquera, reaccionaría da mesma maneira) Vale, OK. Xan. Xa se pode ir.

SEÑORA: Claro, claro. (Marcha do plano coas mans na cara, chorando) Adeus.

DIRECTOR/A DO ORFANATO: Adeus. (A cámara enfoca ao DIRECTOR en plano medio, de fronte, con orientación ao contrapicado. Despois mira o bebé que ten en brazos. A cámara enfócaos a el e ao bebé. O DIRECTOR volve a mirar ao frente. Na súa mirada pódese ler “Outro neno máis. Bah.”).

6º Acto

(Un grupo de meniños no recreo, de 2º ou 3º de infantil. No plano principal, só dous: XAN (meniño) e MENIÑO/A.)

XAN: (Está recollendo lixo variado, como se fora un pasatempo. Cando se ergue totalmente, comézalle a falar ao MENIÑO/A) Ola, déixasme xogar contigo na area?

MENIÑO/A: Non, vai xogar cos outros. (Fala sen mirar para XAN)

XAN: É que os outros non queren xogar comigo…

7º Acto

(Mesmo escenario que no 5º Acto. A única diferencia é que XAN (meniño) é trocado polo XAN (neno) e o MENIÑO/A e trocado polo NENO/A.)

XAN: (Está recollendo lixo, aínda que non tanto como no 5º Acto. Cando se ergue totalmente, comézalle a falar a NENO/A) Ola, xogamos á pilla?

NENO/A: Non, vai xogar cos outros.

XAN: É que os outros non queren xogar comigo…

8º Acto

(Mesmo escenario que nos actos 5 e 6. A única diferencia é que XAN (neno) é trocado polo XAN definitivo, o XAN adolescente. O NENO/A é trocado polo ADOLESCENTES.)

XAN: (Está collendo do chan unha lata de refresco. Cando se ergue totalmente, comézalle a falar aos ADOLESCENTES) Deixádesme estar con vós?

ADOLESCENTE(S): Vai por aí, anda…

(XAN dáse a volta e murmura algo entre dentes. Despois vaise a luz paseniñamente)

9º Acto

(Vese o edificio do orfanato, e diante del un valado. O aspecto de ambos é sombrío e frío. Esta escena é mellor gravala nun día nubrado)

XAN: (Intenta escalar polo valado. Á segunda vez consígueo e sal. Pega un chimpo, xa encima do valado, para saír. Cae. Érguese e sae correndo.)

10º Acto

(Unha rúa calquera, transitada só por XAN (correndo) e un ou un par de TRANSEÚNTES (andando))

XAN: (Está correndo, cando de repente, traído por un refacho de vento, aparece un par de follas de periódico. Comeza a ler, xa sen correr, parado no sitio) “Sucesos. Un psicópata intenta controlar todas as emisoras de radio e de canles de televisión para emitir unha mensaxe. O pouco que se puido oír era: “Arrebatástesme algo. Agora eu arrebatareivos o único que vos queda: o planeta.” O psicópata, que antes da emisión do mensaxe deu a entender que se chamaba Doutor Climaticús, non foi localizado aínda.” Ña… (Deixa caer o periódico. Sigue correndo. Ve unha bolsa do pan colgada nunha porta, e vese sobresaíndo unha barra de pan. XAN cóllea ponse a comer nela e a correr á vez, ata que chega preto dunha fábrica (ou laboratorio, que sei eu), e abrígase nun pendello que hai por aí. Sigue comendo ata que se durme. Vaise a luz. Quedamos ás escuras uns segundos. Despois volve a luz. Vese a XAN abrindo os ollos e un CENTOLO (pode ser feito de cartón ou un de verdade, xa morto. Ten que semellar que o CENTOLO é mutante. Estamo abertos a suxerencias) móvese encima das pernas de XAN e vaise achegando a el. XAN vaise poñendo cada vez máis asustado. Cando o CENTOLO lle chega ata o peito, bota un berro, e o CENTOLO pícao e sae, asustado. XAN pega outro berro, desmáiase, e sufre convulsións. Despois dunhas cantas convulsións, XAN pasa de estar deitado a estar sentado, e a cámara enfócao de maneira que cando estea sentado, a cámara o enfoque en primeiro plano. Os ollos de XAN son vidrosos e grandes. Despois vólvese a desmaiar. Marcha a luz.)

11º Acto

(Vese o alpendre no que está XAN. É o amencer. Un galo pode cantar.)

XAN: (Sae do pendello, cansado) Dios Santo, pero que soño tan raro tiven… Ña, parece que fai calor. Voume sacar a chaquetiña… (Fai o dito. Parece que a camiseta que ten por baixo está pegada ao corpo.) Ala, que pasou coa camiseta que tiña onte? Que é isto? (Intenta sacar a camiseta, pero non dá. Asústase.) Que me pasa? (Sufre unha convulsión e envólvese en luz (poñemos un foco detrás de XAN). Comeza a supertransformación en CENTOLOMAN, mentres XAN  berra. Aquí hai que poñer unha música chula.)

CENTOLOMAN: (Fala con dificultade, aínda que xa recuperado da transformación) Ala… Ese centolo mutante que saíu desa fábrica transmitiume superpoderes ao picarme! Non pode ser! Agora son (lendo paseniñamente a camiseta) CE…N…TOO…LO…MAN! Si, son Centoloman! Agora terei que salvar ao mundo da súa destrucción!!!

MOZO 1: (Ten pinta de delincuente. Fala cunha xerga de adolescente problemático. Fala mentres lle peta (ou fai que peta) ao MOZO 3, acompañado polo MOZO 2. Despois intenta metelo nun contedor de cor amarela) Dános os cartos, pasmón, rápido!

MOZO 2: (Moi parecido ao MOZO 1. Axúdalle a este a meter ó MOZO 3 no contedor.) Si, idiota!!

MOZO 3: (Tremelica falando. Ten pinta de ser un alumno aplicado.) Siii.. si… Aquí están… (saca unha carteira e déixase meter no contedor, medorento)

CENTOLOMAN: Aquí está a miña primeira proba. (Corre ata alí e pica aos MOZOS 1 e 2 coas súas pinzas de centolo) Tomade, bellacos!! Menudo crime!

MOZO 2: Non pode ser! Ese friki vestido de Centolo estame picando! Ahh!!

MOZO 1: Marchemos antes de que nos mate!! (Marchan os MOZOS 1 e 2)

CENTOLOMAN: (Cunha pose de superheroe) Uah jajaja! Toma a túa carteira, rapaz… Acabemos con este crime para o medio ambiente… (saca ó MOZO 3 do contedor amarelo)

MOZO 3: Vaia friki… (entre dentes, pero óese. Despois CENTOLOMAN intenta metelo no contedor verde) Ei, pero que fas?!

CENTOLOMAN: (Acaba de metelo no contedor verde, mira para a cámara con actitude didáctica e di:) Lembrade, rapaces, a materia orgánica vai ó contedor verde… (a luz vaise e CENTOLOMAN queda coa súa pose de superheroe, mentres se oen as queixas do MOZO 3)

12º Acto

XAN: (Vai andando pola rúa, ata que se para nunha tenda de televisores. Un destes está aceso, pero despois dun cachiño a canle vaise, e aparece no televisor o DOUTOR CLIMÁTICÚS) Alaaa….

DOUTOR CLIMATICÚS: (Loce unha bata de laboratorio branca que ten capucha. A capucha, como é bastante grande, cúbrelle os ollos. Non se pode distinguir que é unha muller. A súa voz será grave (ou intentará selo)) Habitantes de Arzúa e do resto do mundo, senón queredes sucumbir ante as inclemencias temporais creadas por min, rendédevos, dándome todos os vosos cartos e a vosa submisión. Comezarei en Grenlandia e acabarei en África do Sur. Senón mos dades, crearei un cambio climático tan devastador como o que xa erradicastes, só que moito máis rápido; a non ser que teñades un superheroe adolescente con poderes centolísticos que evite o meu goberno para sempre. Pero como non o tedes, jajajá (risa maligna, of courseee…)

13º Acto

XAN: (Diante da fábrica ou do alpendre da fábrica. Voz de superheroe: solemne, optimista, etc.) Non pode ser. Ese Climaticús gobernará a Terra! Non se eu podo impedilo… Transformación en Centoloman!!! (comeza esta)

CENTOLOMAN: Non me darás vencido, Climaticús!! (Sae voando ou intenta saír voando)

(Cambio rapidísimo de escenario. Vemos nun despacho de aspecto sombrío un estudio e, na cadeira deste, dado a volta, o DOUTOR CLIMATICÚS)

DOUTOR CLIMATICÚS: (Fala lentamente) Iso haberá que velo…

14º Acto

(O escenario imitará un iceberg ou unha plataforma xeada. Ten que parecer que fai frío, e para iso, o mellor é que gravemos esta escena nun día frío. No medio está o DOUTOR CLIMATICÚS)

DR. CLIMATICÚS: Oídeme, habitantes da zona fría! Non quixestes entregarme o voso diñeiro e o voso poder, así que farei coa miña máquina o desxeamento máis grande xamais visto! Esquecédevos dos osos polares e dos pingüíns! (Vai accionar unha panca cando entra en escena CENTOLOMAN. O seu traxe é o de sempre, só que leva unha bufanda)

CENTOLOMAN: Non tan rápido, Climaticús!

DR. CLIMATICÚS: Si tan rápido… (Acciona a panca. A máquina soa e poden saír dela chispas, ou algo imitándoas.)

CENTOLOMAN: Non! (Corre cara o DR. CLIMATICÚS e intenta propinarlle unha patada. El (ou ela) esquívao e dálle outra a el. CENTOLOMAN cae desmaiado. O DR. CLIMATICÚS marcha, coa súa máquina. Despois CENTOLOMAN abre os ollos)

CENTOLOMAN: Noon!! (O “xeo” desmorónase e cae. CENTOLOMAN sae da escena, antes de que lle caia un cacho de xeo na cabeza)

15º Acto

(O escenario é un claro dun bosque temperado. No medio, DR. CLIMATICÚS)

DR. CLIMATICÚS: Escoitádeme, poboadores da zona temperada! Non vos subxugastes a min, así que vos matarei! Acabáronse as estacións. Só haberá secas seguidas de inundacións!!

CENTOLOMAN: (Xa sen bufanda) Non se eu podo impedilo!

DR. CLIMATICÚS: Outra vez o das pinzas… (Vai accionar a panca, pero CENTOLOMAN reacciona antes e evita que a accione)

(CENTOLOMAN e o DOUTOR CLIMATICÚS pelexan. Para acabar a pelexa, o DR. CLIMATICÚS empuxa a CENTOLOMAN, que cae sobre a máquina, con tan mala sorte que acciona a panca. Óese un ruído de tronos e o DR. CLIMATICÚS marcha, collendo previamente a súa máquina climática. Despois sons de tronos, e CENTOLOMAN marcha, abatido)

16º Acto

(O escenario ten que semellar unha selva, ou unha sabana, algo típico da zona cálida)

DR CLIMÁTICUS: Atendede, residentes da zona cálida! Non me aceptastes como o voso rei, e faréivolo pagar. Non haberá nunca máis aquí auga nin alimento! Jajajá! (risa maligna, claro. Entra CENTOLOMAN) Aínda te atreves a vir aquí, pasmón! Non ves que xa fallaches dúas veces?

CENTOLOMAN: (Voz ronca, está cansado e ferido) Tee-ño qu-e se-guiirr, po-loo menos meen-trees siga habendo es-pe-ranza…

DR. CLIMATICÚS: (Intrigado) Que dixeches?

CENTOLOMAN: Es-pe-ran-za… (Cae)

DR. CLIMATICÚS: (Sorprendido) A esperanza non existe… Non pode existir…

CENTOLOMAN: Es-pe-ran-za…

DR. CLIMATICÚS: Non pode existir. (Rompe a chorar)

CENTOLOMAN: Es-pe-ran-za…

DR. CLIMATICÚS: Onde está Xan? Que foi del?

CENTOLOMAN: (Destransfórmase) Esperanza.

DR. CLIMATICÚS: Xan? (Sácase a súa túnica e deixa ver que é unha muller)

XAN: Nunca hai que perder a esperanza. (Corre a abrazar á súa nai)

FIN

Publicado en Relatos | Etiquetado , | 2 Comentarios

2 Responses to Centoloman. A película

  1. Pablo Saavedra di:

    como mola!

  2. climax di:

    e o video da obra??